SEN PAU NIN CORDA. Rapa das Bestas Sabucedo 2016

O curro de Sabucedo é unha tradicional actividade que consiste no saneamento da cabaña cabalar que vive en liberdade polos montes da Parroquia de San Lorenzo de Sabucedo (A Estrada) é o momento do ano en que se raan as crins e se desparasitan vía oral; catalogada como Festa de Interese Turístico Internacional, conta con máis de 400 anos de historia.

A relación dos cabalos co home ven de lonxe, os fillos do vento conviven nunha relación simbiótica de respeto.

O espectacular momento dos “centaur@s”, no que @s aloitadoes/as  cabalgan a lomos dos fillos do vento,  só nese momento sabemos da forza e do esforzo…

Tapárlle os ollos á besta é imprescindible,  non ver quitalle o medo…

A Rapa é un traballo de equipos …

A manada forma un círculo máxico que protexe aos cabalos e eugas…

Ás veces parecera que o autor deA Song of Ice and Fire” (xogo de tronos) tivera visitado Sabucedo para  crear os Dothraki e que a mesmisima Daenerys  Targaryen cabalgara pola parroquia co nome de Lucía….

Retrocedemos ata cando a doma era un arte…

Cóntannos que as crins son codiciadas para facer postizos das trenzas que usan as pandereteiras ou bailadoras dos grupos tradicionais de baile, nestes tempos nos que levar a melena longa é de paciencia e coidado … ou de ser aloitadora e chamarse Lucía.

Certo que ás veces rematan aos tombos polo chan , ¡home e cabalo patas para arriba!

Non hai paus, nin cordas, só as mans e os corpos dos cabalos, eugas , aloitadoras e aloitadores dominan os medos, e con agarimo someten a vontade das bestas as que se lle fala e tranquiliza ate rematar o proceso .

 Por momentos o espazo é pequeno de máis ata para a manada.

O sol de xustiza non impediu que o recinto estivera ata a bandeira e calquera cousa serviu para protexerse.

É tan de festa o día que a herba servelle ás eugas para adornar as súas crins.

A festa do compañerismo . A tradición perpetúase de ailotadoes/as  a  fill@s …

A concentración e fundamental pola seguridade de tod@s.

Os poltros son sepadados temporalmente do nó da manada, nun fechado á sombra escoitan pero non ven, cando remate a rapa volverán ao seu colo acolledor.

A Rapa das bestas é mistica, tan sagrada que en calquera momento aqueles deuses e deusas de ríos e carballos poideran reaparecer pola parroquia de Sabucedo.

Se tedes interés por algunha foto ou simplemente queredes contactar connosco este é o noso correo:  aretrateira4@gmail.com

 

Cabalo e aloitador, tradición e actualidade. 

One thought on “SEN PAU NIN CORDA. Rapa das Bestas Sabucedo 2016

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s