RAPA DAS BESTAS DE AMIL (Moraña), 2016

 

Este sábado tivo lugar no concello de Moraña  a súa tradicional rapa, no monte Acibal xuntaronse os cabalos de diferentes manadas uns días antes para ser congregados diante do curro e logo introducidos nel para ser rapados.

Afortunadamente as malas expectativas que barallaban na Asociación Cabalar Monte Acibal, organizadora da actividade, baseadas nos ataques de lobos ou cans asilvestrados que houbo este ano, non se cumpriron e as rapas celebrárose igual.

Nunha tarde de moscas e calor, as horas previas, a xente aproveitaba para descansar, os organizadores para arranxar as últimas cousas e os fotografos a buscar o mellor sitio dentro do curro.

Cun pouco de retraso comezou o curro , como é de costume retirando aos poltros para que non sufriran dano algún.

A rapa das bestas está sendo considerada últimamente coma maltrato animal por parte de algunha xente que descoñece e non ten interés en coñecer o procedemento; unha manada, saneada e desparasitada garantirá a sua calidade de vida, facelo de xeito conxunto é mellor para os cabalos que se sinten máis seguros.

Se tedes interés por algunha foto ou simplemente queredes contactar connosco este é o noso correo:  aretrateira4@gmail.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s